Cita coa Historia

A V Cita coa Historia das Pontes terá lugar os días 14, 15 e 16 de setembro de 2018 no casco histórico de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Esta nova edición xirará en torno á Romanización de Galicia, traendo ás rúas pontesas diferentes espectáculos de recreación histórica, actividades para nenos e maiores, concertos, pasarúas, teatro, cetrería, artesanía en vivo e moitas máis sorpresas. Achégate a coñecer a nosa vila e a nosa historia!