BASES DO CONCURSO DE CARACTERIZACIÓN
VI Cita coa Historia das Pontes
14 e 15 de setembro de 2019
1/ TEMÁTICA
Poderán participar no concurso aquelas persoas caracterizadas con vestimentas que xiren en torno ao mundo galaico-romano, podendo participar con indumentarias exclusivamente galaicas ou romanas.
2/ PROCEDEMENTO
Para poder participar no concurso será necesario fotografarse no photocall instalado para esa finalidade diante do Museo Etnográfico Monte Caxado, na Praza da Igrexa os días 14 e 15 de setembro. O sábado 14 o horario será de 12:00 a 14:00 horas na mañá, e de 17:00 a 20:00 horas na tarde. O domingo 15 será de 12:00 a 14:00 horas.
As persoas que desexen participar deberán asinar un documento de uso de cesión de imaxes. No caso de grupos será unha única persoa a que asine no nome de todos. En caso de menores de idade será un proxenitor ou titor legal quen asine o referido documento.
A participación no concurso implica a aceptación das bases. En caso de dúbidas corresponderá á organización e ao xurado a interpretación das bases.
3/ CATEGORÍAS E PREMIOS
Establécense 5 categorías con cadanseu premio para os participantes gañadores:
Individual Infantil Xuvenil (menores de 18 anos)
Premio: 1 vale de compra no comercio e na hostalería local valorado en 50 €
Parella Infantil Xuvenil (menores de 18 anos)
Premio: 1 vale de compra no comercio e na hostalería local valorado en 100 €
Individual Adultos (maiores de 18 anos)
Premio: 1 vale de compra no comercio e na hostalería local valorado en 50 €
Parella Adultos (maiores de 18 anos)
Premio: 1 vale de compra no comercio e na hostalería local valorado en 100 €
Grupo (tódalas idades)
Premio: 1 vale de compra no comercio e hostalería local valorado en 200 €
As parellas mixtas de idade serán valoradas dentro da categoría Grupo.
4/ CRITERIOS DE VALORACIÓN E VOTACIÓN DOS PREMIADOS
O xurado reunirase o domingo 15 de setembro para ditaminar os participantes gañadores en base aos seguintes criterios técnicos.
Materiais empregados na confección da vestimenta.
Adaptación histórica da vestimenta á época galaico-romana.
Confección e deseño de complementos.
O xurado estará integrado polas seguintes persoas:
Vicente Roca (Concelleiro de Cultura)
Un representante da Asociación Cultural Lembranza da Vila
Marcial Tenreiro (Arqueólogo e especialista en Historia Antiga)
Bibiana Martín (Empresaria local de moda e complementos)
Hugo López (Fotógrafo)
5/ ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase o domingo 15 de setembro ás 19:30 horas no photocall instalado na Praza da Igrexa.