Concurso

BASES DO CONCURSO DE CARACTERIZACIÓN
IV Cita coa Historia das Pontes - 2017

1 / Temática
A temática das vestimentas para poder participar no concurso de caracterización debe xirar en torno ao mundo galaico-romano, podendo participar con vestimentas exclusivamente galaicas ou romanas.

2 / Procedemento
Para poder participar no concurso será necesario fotografarse no photocall instalado na Praza da Igrexa entre os días 17 e 18 de xuño, en horarios de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. ámbolos dous días.
As persoas participantes deberán nomear un representante legal que asinará o documento de cesión de uso de imaxes para poder participar no concurso. No caso de menores de idade, deberán vir acompañados por un adulto, que será o que asine o documento de cesión.

3 / Categorías e premios

Establécense 6 categorías e un premio por categoría:
· Infantil/Xuvenil Individual (menores de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 50€
· Infantil/Xuvenil Parella (menores de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 100€
· Infantil/Xuvenil Grupo (menores de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 150€
· Adultos Individual (a partir de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 50€
· Adultos Parella (a partir de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 100€
· Adultos Grupo (a partir de 18 anos):
1 vale de compra no comercio e hostelería local valorado en 150€

4 / Criterios de selección e xurado

O xurado nos quince días posteriores á celebración do evento, realizará unha fase previa de selección de tres finalistas por categoría, en base aos seguintes criterios técnicos:
- Materiais empregados na confección da vestimenta
- Adaptación histórica da vestimenta á época galaico-romana
- Confección e deseño de complementos

O xurado estará integrado polas seguintes persoas:
- Carolina Díguele (Deseñadora e artesana)
- Marcial Tenreiro (Arqueólogo e historiador)
- Bibiana Martín (Empresaria local de moda e complementos)
- Sonia Sueiro (Concelleira de Cultura do Concello das Pontes)

5 / Votación finalistas
A selección dos finalistas de cada categoría realizarase por votación na páxina web do evento (www.citacoahistoriaaspontes.com). As persoas cuxas fotos máis votos acaden en cada categoría, serán as gañadoras. En caso de empate, será o xurado quen determine as persoas gañadoras. O periodo de votación das persoas finalistas realizarase durante os 15 días posteriores á publicación das imaxes na páxina.

6 / Entrega de premios
A entrega de premios realizarase nas dependencias municipais de Cultura na Casa Doutor Dopeso (As Pontes), na data e hora que lles serán comunicadas ás persoas gañadoras.